GALICIA 2030

Xornada de presentación do Proxecto Galicia 2030, Perfís profesionais de futuro, e novas titulacións e especialidades universitarias. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con FEUGA procura, sobre a base dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, desenvolver un catálogo completo de perfís profesionais de futuro, que servirá para definir as novas titulacións e especialidades universitarias acordes con estes perfís e coas necesidades e esixencias da sociedade e mercado vindeiros.

Perfís profesionais que non existen e que nin sequera imaxinamos serán os protagonistas do mercado laboral dos próximos anos. As tendencias e factores de cambio globais relacionados coa demografía, a economía, o medioambiente,… unidos á evolución imparable da ciencia e a tecnoloxía, converteranse, sen dúbida, nos piares sobre os que se asentará o emprego do futuro.

Por isto, a prospectiva e a análise experta eríxense como as únicas ferramentas coas que poderemos adiantarnos e prepararnos para esta nova realidade. Esta anticipación, unida a unha toma de decisións axeitada no ámbito da educación superior, serán claves para responder ás necesidades de emprego cualificado nas vindeiras décadas e para establecer as bases dunha economía competitiva e dun mercado laboral futuro máis sólido, prometedor, inclusivo e próspero para todos.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h