O Plató Galicia MICE, ubicado no edificio CINC, acollerá a entrega de premios do programa Xuventude Crea 2020, que este ano acada a súa 11ª edición. É un certame de creadores novos da Consellería de Política Social, que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
XuventudeCrea20 inclúe 14 especialidades: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (coas modalidades de pintura e escultura). Nesta edición, que acadou un récord de solicitudes con preto de 500 persoas mozas participantes, incorporáronse, como novidade, as especialidades de creación de videoxogos e novela curta.
Ademais, o Museo Centro Gaiás está acoller no seu andar 0 a exposición das obras finalistas do concurso na categoría de Graffiti, que poden verse ata o 21 de decembro de 2020.
























