Gala do Fútbol Galego 2019

A Cidade da Cultura de Galicia será o espazo que albergue a gran Gala do Fútbol Galegoo vindeiro venres 21 de xuño. Organizado pola Real Federación Galega de Fútbol para poñer o broche de ouro á tempada 2018/2019, este evento global premia a todos os clubs destacados de Galicia e recoñece o traballo de toda esa xente que desde a sombra, e en ocasións desde o máis puro anonimato, achegou o seu gran de area para engrandecer o fútbol da nosa terra.

Durante esta gala anual entregaranse tamén, como vén sendo habitual, os 'Premios Galicia en Goles' da Radio Galega.

A Real Federación Galega de Fútbol elixiu a Cidade da Cultura para esta celebración coincidindo ademais coa exposición "Valor e mestría", a mostra máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol na nosa comunidade, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais.

Ao longo destes 143 anos o fútbol galego foi protagonista en numerosos momentos estelares. Así, a antoloxía de pezas desta exposición devólvennos as xestas de Luis Suárez, Amancio, Marcelino, Buyo, Arsenio Iglesias; de equipos como o Pontevedra do "Hai que roelo", o Celta que brillou en Europa ou o Súper Dépor; de xogadores como Fran, Míchel Salgado; ou da nosa futbolista máis internacional, Vero Boquete, o nome máis representativo da explosión que está a vivir o fútbol feminino galego e que tivo á porteira Irene como pioneira a principios do século pasado.

Parte de mostra "Valor e mestría" que ata o mes de setembro aínda se pode visitar na Cidade da Cultura de Galicia trasladarase posteriormente á sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, onde permanecerá de forma indefinida.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 3 - 6 dec