GaiasTech: Ciberseguridade

O Gaiastech, a iniciativa da Xunta de Galicia para lograr a transformación dixital do tecido produtivo galego, organiza o vindeiro martes 25 de abril unha sesión sobre ciberseguridade impartida por Inforhouse S.L coa colaboración de Hornetsecurity na Biblioteca de Galicia.

"Está a túa empresa segura fronte aos ciberdelincuentes? Como pechar as principais portas de entrada" trátase dun evento de ciberseguridade dirixido a empresas e responsable de tecnoloxía e seguridade, co o obxectivo de sensibilizar sobre as necesidades de protexer as empresas fronte ás ciberameazas. Terá lugar de xeito presencial na Cidade da Cultura e en streaming.

A asistencia ao evento será presencial sempre que non se supere a capacidade de persoas establecidas, nese caso, pasará a ser vía streaming. A posibilidade de asistir presencialmente será confirmada o día anterior ao evento. Para a asistencia é necesario enviar un formulario.

Poderás encontrar máis información na súa páxina web.

PROGRAMA

  • 12:00 – 12:10 – Presentación de Hornetsecurity e Inforhouse
  • 12:10 – 12:20 – Como facer aos empregados/as expertos/as en ciberseguridade          
  • 12:20 – 12:30 – O correo electrónico, principal brecha de ataques, como protexelo
  • 12:30 – 12:40 – Recuperación de datos, o backup como garantía da volta á normalidade
  • 12:40 – 12:55 – Demostración das solucións
  • 12:55 – 13:05 – Preguntas

Posterior á sesión, haberá un coffee e networking para as persoas asistentes.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta