A Cidade da Cultura acolle do 13 ao 15 de maio o Gaiás Gaming, un evento de lecer co que se pretende achegar a tecnoloxía a todos os públicos, demostrando as múltiples posibilidades que ofrece nos ámbitos do traballo, a educación e, por suposto, o tempo libre.
O Gaiás Gaming conta con múltiples actividades repartidas entre os tres días pensadas para todas as idades, incluídos campionatos, tanto de eSports como de deportes ao aire libre. Así, o Gaiás Gaming contará con dúas zonas: Intranet e Extranet.
- A intranet contará cunha reunión tipo LanParty para 250 personas á que só se pode acceder adquirindo unha entrada. Ofrecemos unha conexión 1Gb simétrica de R. Campeonatos de LoL, Hearthstone, CS:GO (PC) e Call of Duty Black Ops3 e Fifa 16 (PS4).
- A extranet será accesible ao público xeral e contará con actividades de lecer moi variadas, desde un campo de paintball, unha tirolina, campionatos de futbolín, dardos, baloncesto 2vs2, fútbol 2vs2, ata charlas, exposicións e stands.
O sábado, 14 de maio, terá lugar ademais o Gaiás Fest, festival de música que se celebrará entre as 18:00 e as 01:00 horas.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h


























