FP Innova 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza FP Innova Galicia 2023, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 22 e 24 de marzo no Museo Centro Gaiás.

Trátase da quinta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia. O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 40 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
  • A innovación ligada ao emprendemento.
  • A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

O evento terá lugar o mércores 22 e xoves 23 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, e o venres 24 de 10:00 a 14:00. O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición, segundo as instrucións recibidas por correo electrónico.

Máis información do evento e inscrición na súa páxina web.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h