Fotografía en Curso | Formacións docentes

'Fotografía en curso' é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica dirixido a rapaces de entre 8 e 18 anos cun triplo obxectivo: facer transmisión da fotografía como arte, cultura e creación; favorecer a descuberta do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea; e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas.

No marco deste programa, o Centro Galego de Artes da Imaxe organiza na Cidade da Cultura un obradoiro dirixido da docentes de escolas e institutos que se celebrará en tres xornadas.

Os principais eixes de acción do programa 'Fotografía en curso' son:

  • A formación do profesorado.
  • Os obradoiros con fotógrafos/as.
  • A web, onde teñen un papel central o apartado dedicado ao descubrimento de fotógrafos diversos e o de exposición das fotografías realizadas polo alumnado.
  • Un programa de prácticas fotográficas partilladas que permiten a iniciación á fotografía, o descubrimento da contorna e o intercambio entre alumnado de contextos sociais e xeográficos diversos.


'Fotografía en curso' é un programa de A Bao A Qu que o CGAI coordina en Galicia desde o seu comenzo no ano 2012. Os museos e os centros implicados no proxecto son: ACVic Centre d’Arts Contemporànies, Arxiu Fotogràfic de Barcelona, Arxiu Fotogràfic d’Olot, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), Fundació Foto Colectania, Museo Reina Sofía (MNCARS), Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e Museu Nacional d’Art de Catalunya.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI