Foro Empresarial AJE Galicia 2020

El Foro Empresarial AJE Galicia 2020 servirá de escenario sobre o que analizar, debater e coñecer novas tendencias en innovación e investimento, orientadas a mellorar a produtividade das empresas galegas.

Durante o encontro reuniranse empresarios e institucións de distintos puntos de Galicia e España, de todos os sectores, xerándose a oportunidade de establecer relacións comerciais e intercambio de talento entre as persoas participantes. Analizaranse casos reais de empresas de éxito que se adaptaron aos novos mercados e abordaranse temas como o emprendemento, a consolidación e expansión dun proxecto, novas ideas aplicadas á empresa, o liderado creativo, a xestión de novos proxectos, investimento e Industria 4.0.

Fomentar o espírito emprendedor como filosofía de vida, reflexionar sobre os novos valores do emprendedor e as habilidades directivas, potenciar a cooperación empresarial, propiciar o intercambio de experiencias e establecer un foro de debate son tamén obxectivos do Foro, deseñado para crear un espazo onde as persoas asistentes poidan compartir experiencias e estar ao día en novas tendencias económicas, sociais e empresariais.

PROGRAMA

  • 09:30 Acreditacións
  • 10:00 Presentación. Apertura
  • 10:15 Acto inaugural institucional
  • 10:30 Mesa de debate. Foros de investimento
    • Fernando Guldrís. Director Xeral de Xesgalicia.
    • Yago Montenegro. Director de investimentos de Alma Mundi.
    • Aurora Mantas. Coordinadora Oficina Financiamento CEAJE.
  • 11:45 Coffee- Break
  • 12:15 Conferencia: «Non vale renderse», a cargo de Emilio Durou Pamies.
    • Socio fundador de ITER. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Barcelona e pola Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas ( ESADE). Master en Administración de Empresas por ESADE. Colaborou e colabora como invitado externo en distintas Universidades e Escolas de Negocio Nacionais e Internacionais. Directivo de Empresas Nacionais e Internacionais como Coopers & Lybrand, Martini & Rossi e Yoplait-ATO. É membro do Consello de Administración de varias Empresas. Na actualidade e desde fai máis de 25 anos traballa como Consultor e Formador nas primeiras Empresas do país. Expuxo as súas teorías nos principais medios de comunicación. Autor de múltiples artigos en publicacións empresariais e de difusión xeral.
  • 14:00 - 16:00 Comida
  • 16:00 Conferencia – Caso de éxito. A cargo de Yaiza Canosa.
    • CEO e Fundadora da startup loxística GOI, a plataforma líder no transporte, montaxe e instalación de portes voluminosos e mudanzas, xa que profesionaliza e engade tecnoloxía a un sector moi fragmentado, o que lle permite ofrecer prezos moito máis baixos cun servizo de calidade e en menor tempo de envío. Empresas como El Corte Inglés, Ikea ou Worten xa se adheriron a este servizo. En 2017 foi seleccionada como unha das 30 mozos e mozas menores de 30 anos con maior proxección profesional tanto dentro como fóra de España pola revista Forbes (30 Under 30).
  • 17:00 Mesa de debate. Industria 4.0.
    • Isidoro Martínez. CEO de TECALIS.
    • Pilar Vila. CEO de FORENSICS & SECURITY.
    • Antonio Casal. CEO de LIVETOPIC.
    • Marta Cubilot. Directora de planificación estratéxica de SIVSA.
    • Modera: Yaiza Canosa
  • 18:30 Acto de Clausura
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI