Foro e Premios Galicia Alimentación 2023

Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o 14 de xuño, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), o seu evento sectorial anual: o Foro e Premios Galicia Alimentación. Coma cada ano, a xuntanza contará con expertos e profesionais da industria alimentaria para analizar os grandes retos globais, abordar cuestións estratéxicas e debater sobre o futuro do sector.

Ademais, a cita acollerá o acto de entrega da IX Edición dos Premios Galicia Alimentación, galardóns que recoñecen iniciativas e accións destacadas no ámbito do sector alimentario galego en catro categorías: Produto Innovador, Produto Excelente, Proxecto Sectorial e Estratexia de Mercado.

De forma complementaria á celebración do Foro e Premios, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Patrocinio Ouro de Caixa Rural Galega, Gadisa e Vegalsa-Eroski, e o Patrocinio Bronce de Salimat Abanca, Clusaga celebrará ás 9.00 horas a súa Asemblea Xeral exclusiva para socios. Nesta ocasión, un dos temas centrais a abordar será a renovación da Xunta Directiva do Clúster.

Programa do Foro-Premios Galicia Alimentación

A xornada pública dará comezo a partir das 10.45 horas, momento no cal se recibirá aos asistentes cun Almorzo de Alimentos e Bebidas de Galicia, un momento pensado para facer networking e visitar, respectivamente, a Exposición Galicia Alimentación de Produtos Excelentes e Innovadores, e as Demos Tecnolóxicas – Conexión Industria-Consumidor.

A continuación, e tras a benvida institucional ao acto da man de Juanjo de la Cerda, presidente de Clusaga, arrancará o Foro, estruturado en dúas mesas redondas e un relatorio. Baixo o título “Alimentación sostible e resiliencia alimentaria. Reflexións en torno a unha transición necesaria”, abordará os factores con impacto no actual modelo de produción de alimentos, a perspectiva global do sector alimentario e o gran consumo; e a experiencia empresarial en torno á integración vertical da sustentabilidade.

Ao concluír o Foro, a Gala de entrega dos Premios Galicia Alimentación revelará as entidades gañadoras nas catro categorías desta IX Edición.

Para terminar, e como en edicións anteriores, as persoas asistentes poderán desfrutar do Cocktail de Alimentos e Bebidas de Galicia, conformado por produtos de entidades socias de Clusaga. Durante a comida volverán a habilitarse tanto a Exposición Galicia Alimentación de Produtos Excelentes e Innovadores, coma as Demos Tecnolóxicas – Conexión Industria-Consumidor.

Tras isto, aquelas empresas que teñan manifestado o seu interese en manter reunións B2B con outras entidades aproveitando a celebración deste evento, poderán acceder ao espazo asignado para o desenvolvemento das súas respectivas axendas.

Inscrición e máis información NESTE ENLACE.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI