Formación persoas mentoras Rede DixitalGal

Programa de formación continua das persoas mentoras pertencentes á Rede DixitalGal.

A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:

  • O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado.  
  • O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.
  • O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado.  

O Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2021, no seu capítulo 2, incorpora a Educación dixital e nel avánzanse as liñas que seguirán as accións formativas relacionadas con este ámbito. Estas accións formativas inclúen múltiples propostas de formación relacionadas coa liña dixital:

  • A capacitación técnica ao profesorado dos centros E-Dixgal.
  • O impulso da competencia dixital nos centros educativos co desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
  • A formación de membros dos centros: equipo directivo e persoa responsable da dinamización TIC.
  • O deseño e implementación do Plan Dixital de Centro.
  • A formación en Competencia Dixital Docente a través da oferta e desenvolvemento de actividades formativas nos distintos niveis e áreas para todo o profesorado.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI