A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentará nun almorzo informativo o programa de enriquecemento escolar SEMGAL, que se vai impulsar entre os centros educativos galegos co fin de avanzar no proceso de inclusión educativa e mellorar o rendemento académico do alumnado. Estará acompañada dos doutores da Universidade de Connecticut (EE.UU.) que impulsaron este modelo educativo, Sally Reis, Josep Renzulli e Del Siegle, e que están en Galicia para participar nas xornadas de formación sobre o modelo SEM.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























