Fogos do Apóstolo 2025 no Gaiás

Na noite do xoves 24 de xullo de 2025, os Fogos do Apóstolo lánzanse desde tres localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás —ademais da Alameda e o Parque de Carlomagno (nas Fontiñas)—. Para que o público poida contemplar o espectáculo pirotécnico, o recinto da Cidade da Cultura prolongará o seu horario habitual e tanto os aparcadoiros como os espazos exteriores estarán abertos ata as 2.00 da madrugada.

A Praza Central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo. Cómpre ter en conta que os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas. Poderase acceder á parte do Bosque desde o Parque da Balea, sempre respectando as zonas acoutadas de seguridade.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027