Fogos do Apóstolo 2023 no Gaiás

Luns 24 de xullo 

Na noite do luns 24 de xullo de 2023, os Fogos do Apóstolo lánzanse desde cinco localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás —ademais da Alameda, o Parque de Eugenio Granell (no Restollal), as Cancelas e o Parque de Carlomagno (nas Fontiñas)—. Para que o público poida contemplar o espectáculo pirotécnico, o recinto da Cidade da Cultura prolongará o seu horario habitual e tanto os aparcadoiros como os espazos exteriores estarán abertos ata as 2.00 da madrugada.

A Praza Central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo. Cómpre ter en conta que os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas. Poderase acceder á parte do Bosque desde o Parque da Balea, sempre respectando as zonas acoutadas de seguridade.

Luns 31 de xullo 

O luns 31 de xullo de 2023, o Gaiás convértese na localización única para o lanzamento dos fogos. Dada a súa magnitude, a Cidade da Cultura sufrirá restricións ao tránsito peonil a través do Bosque de Galicia, que comezan ás 18.00 horas.

Dadas estas restricións, recoméndase evitar aglomeracións e optar por outros puntos altos da cidade que ofrecen igualmente unha boa visibilización do espectáculo pirotécnico, como os miradoiros das Cancelas, o Pedroso, Monte de Deus, a Almáciga, etc.

Agradecemos a responsabilidade de todas as persoas asistentes e desexámosvos moi boas festas!

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027