FIT25 | Curso de Formación Específica en Improvisación Teatral da USC

A Cidade da Cultura acolle o FIT25, segunda edición do Curso de Formación Específica en Improvisación Teatral da Universidade de Santiago de Compostela, que decorrerá do 28 de xullo ao 30 de agosto de 2025 baixo a dirección de Antón Coucheiro (Escola Espontánea), Gala Martínez-Romero (Cómicas Anónimas) e Feña Ortalli (Global Impro).

O FIT é un curso intensivo deseñado para ofrecer unha preparación integral na disciplina escénica da improvisación teatral que inclúe formación teórica e práctica. A formación está composta por diferentes materias, divididas en cinco módulos: Catro módulos troncais (Impro, Dramaturxia, Interpretación, e Dirección); un módulo complementario e un último módulo de Montaxe Final. Ao longo das cinco semanas, o alumnado mergullarase nun proceso de aprendizaxe colectiva que culminará coa posta en escena de diferentes traballos, aplicando os coñecementos e ferramentas adquiridos durante o curso.

Cun total de máis de 140 horas de clases impartidas por docentes de renome internacional, o FIT é unha oportunidade única en Europa para profesionalizarse na disciplina da improvisación teatral.

Máis información na web do FIT25.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta