Financiamento de I+D+i empresarial. Axudas e actuacións de CDTI e GAIN en 2018

A Axencia Galega de Innovación e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) están a organizar para o vindeiro 30 de maio unha xornada na que se presentarán as novidades nas axudas e actuacións de CDTI e GAIN para o 2018.

A xornada, que terá lugar entre as 11:30 e as 13:30 horas, contará coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o Director Xeral de CDTI, Francisco Marín, e a Directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

Pode consultarse o programa, así como acceder ao formulario de inscrición nesta ligazón.

A xornada celebrarase no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Para facilidade dos asistentes, pódese descargar un plano da ubicación exacta do evento nesta ligazón.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta