Festival Orquestras de Verbena

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 25 de setembro un dos festivais cos que a Xunta de Galicia busca apoiar ás orquestras de verbena para facer fronte aos efectos da crise sanitaria.

Esta iniciativa convocará 50 coñecidas orquestras galegas en concertos distribuídos ao longo da fin de semana nas localidades de Narón, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela.

A partir das 18.00 horas do sábado, o Gaiás servirá de escenario para as actuacións de París de Noia Show, Gran Parada, Capitol, Metrópolis, Atrévete, Galilea e Puzzle. O concerto terá lugar nun emprazamento ao aire libre, cunha capacidade máxima para 1000 persoas de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade.

A entrada é gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es, e cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración.

No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso aos recintos.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h