No marco do proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal denominado ACEINT, o Igape celebra a Feira ACEint: Tecnoloxía na nova economía na que na que se invitarán a participar a empresas, asociacións de empresas, clusters do sector TIC así como a outros sectores nos que as TIC desempeñan un papel importante polo seu carácter transversal- sector textil-confección, industrias culturales e creativas, biotecnoloxía, automóvil, nanotecnoloxía, etc- co obxectivo de facilitar as relacións comerciais entre os participantes e dar a coñecer os resultados acadados ao longo do proxecto.
Programa
11:00-11:15 Recepción e acreditación de asistentes.
11:15-11:30 Presentación institucional.
11:30-12:30 Sesión inaugural “Somos híbridos”, con Ana María Llopis.
12:30-13:30 Sesións paralelas:
Pecha-kucha “Abrindo portas” Presentacións de proxectos e empresas innovadoras.
“Imaxinemos un futuro xuntos... “ Encontros bilaterais entre empresas-entidades, xa pre-concertadas e con espazo reservado.
13:30-15:00 Xantar networking “Tapas híbridas”, incluído na inscrición.
15:00-17:00 Espacio-lab:
“Design thinking ou thinking design?”
“Construción e deseño con cultura maker”
15:00-17:00 Espazo reunións
17:00-17:15 Peche
























