FEED 2025

O FEED é un evento bienal que organiza a Asociación Galega de Deseño (DAG), para achegarse á actualidade das disciplinas do deseño e das persoas que traballan nelas, trasladando o interese aos sectores formativo, profesional, empresarial e social. Celébrase os días 7 e 8 de novembro no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A oitava edición do FEED conta co apoio directo da Axencia Galega das Industrias Culturais e coa colaboración de empresas e entidades locais.

O programa inclúe relatorios e propostas para coñecer traxectorias, experiencias e a forma de traballar das persoas que forman o ecosistema do deseño, co obxectivo de servir de inspiración, cuestionar ou reafirmar o camiño dos profesionais do sector. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión, desta volta sobre os retos chegados coa Intelixencia Artificial.

Este ano a DAG abre, co apoio do IGAPE, un espazo de diálogo e encontro para que empresas de diferentes sectores e profesionais do deseño intercambien coñecemento e experiencias, para fortalecer a conexión entre o sector produtivo e o sector do deseño. Breves exposicións introdutorias darán paso ao diálogo e o intercambio de opinións entre as persoas asistentes.

Pola súa banda, o estudantado de deseño e as asociadas DAG poderán gozar do OFF FEED. Amais da presentación de proxectos de alumnado das escolas, que vén sendo habitual, neste foro o venres pola mañá presentaranse iniciativas moi interesantes que amplían os coñecementos sobre licenzas tipográficas e os seus usos, sistemas de comunicación accesibles e lexibles, arquivos dixitais de deseño ou a integración de perspectiva de xénero nos proxectos profesionais.

Consulta o programa completo do evento na web do FEED 2025.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h