A Universidade de Santiago de Compostela como Xefe de Fila do proxecto FAN-BEST organiza este evento para presentar os resultados e lanzar os novos programas como parte da extensión concedida polo Programa Espazo Atlántico.
Contará coa presenza de Rosa Quintana, conselleira do Mar da Xunta de Galicia, que presentará a Estratexia de Economía Azul Sostible de Galicia así como de Iago Domínguez, xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia que nos permitirá coñecer a importancia do mar para a mobilidade e o tráfico de mercadorías.
Na segunda parte repasaranse brevemente os resultados obtidos durante a execución do proxecto, con especial atención ás empresas apoiadas.
E por último, presentaranse as novas actividades que ofrecerán os socios:
- servizos de apoio á internacionalización,
- servizos de apoio á transferencia de tecnoloxía,
- promoción de fondos de capital privado,
- destacando a economía azul nas estratexias de especialización intelixente para o período 2021-2027.
Este evento está dirixido a todos os interesados nos sectores da economía azul das rexións atlánticas europeas e nas estratexias e programas de apoio aos emprendedores e startups.
O evento terá lugar no Hall do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o día 16 de xuño e será retransmitido por streaming en directo. Poderase asistir tanto de forma presencial como virtual, sendo necesaria a inscrición en ambos os casos.
























