Exposición Xuventude CREA Moda 2018

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle a exposición das coleccións finalistas da especialidade de moda do programa ‘Xuventude Crea’ que estarán expostas ata o 9 de decembro.

Trátase de seis coleccións que están compostas por cinco pezas cada unha delas e que foron confeccionadas por cadansúa autora: 'Ónix' de Irene Gómez Rodríguez (Crecente); 'Tzarevich' de Anabel Santos Leites (Cangas);  'WA' de Noelia Tojeiro Ramil (As Pontes); 'Brain 84' de Cristina Nieto Riveiro (A Coruña); 'New rules 2.0' de Andrea González Lozoya (Vigo); e 'Deja las líneas correr' de Patricia Crujeiras Besada (Cangas).

Durante a inaguración da exposición no Museo Centro Gaiás fíxose entrega tamén dos galardóns ás mellores coleccións de moda, elixidas polo xurado do certame. Así, o primeiro premio, dotado con 3.000 euros, foi para 'Deja las líneas correr', de Patricia Crujeiras Besada; o segundo, con 1.500, recaeu en 'WA', de Noelia Tojeiro Ramil e o terceiro, dotado con 1.000 euros, foi para 'Ónix', de Irene Gómez Rodríguez.

O certame de creadores novos ' Xuventude Crea' está impulsado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude Participacion e Voluntariado. O programa ten como obxectivo incrementar as posibilidades dos novos valores da arte galega, facilitándolles un espazo no que as mozas e mozos poden exercitar as súas habilidades, poñer en marcha os seus proxectos innovadores, impulsar a súa posible proxección e inserción profesional futura.

Dirixido a mozos e mozas entre os 16 e os 30 anos, nesta edición prémianse un total de 13 especialidades creativas (teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate). 'Xuventude Crea' consolídase ano a ano como a principal mostra da creatividade xuvenil en Galicia, coa participación de máis de 350 rapaces e rapazas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h