Experiencias de software libre no terceiro sector

A Amtega, en colaboración coa Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN), organizan a xornada de Experiencias de Software Libre no Terceiro Sector. O obxectivo principal desta xornada é achegar ás entidades do terceiro sector experiencias de implantación e uso de solucións TIC libres que lles permitan mellorar o xeito en que se xestionan, a súa operativa diaria e a súa organización. 

Por outra parte, pretende tamén servir de punto de encontro para as entidades do terceiro sector e o sector TIC, no que poder compartir experiencias e boas prácticas no uso das TIC, particularmente daquelas con licenza libre. O obxectivo é que as entidades deste sector (ONGs, ONGDs, Asociacións, colectivos de voluntarios, etc) participen nesta xornada contando tanto as súas prácticas no uso de solucións TIC libres como as necesidades que aínda teñen sen cubrir, e por outra parte que aquelas organizacións ou empresas TIC, que desenvolven ou implantan software poidan achegar a súa experiencia ao sector e ao tempo coñecer as necesidades das entidades asistentes.

Programa

16:30 - 16:45 | Recepción de asistentes
16:45 - 17:00 | Inauguración das Xornadas. Representantes da AMTEGA.
17:00 - 18:30 | Experiencias de migración a Software Libre nas organizacións.

  • O software libre nos centros penitenciarios de Galicia, Rafael Rodríguez Gayoso (MELISA)
  • Experiencia de colaboración no terceiro sector para a migración a Sofware Libre, Emilio José Padrón González (GPUL) & Ana Vázquez Fernández (Coordinadora Galega de ONGDs)
  • Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM,
  • Isabel Lema Blanco & José María Casanova Crespo (CUAC FM)

18:30 - 18:50 | Pausa - Café
18:50 - 19:50 | Ferramentas de Software Libre para mellorar a xestión das entidades sociais.

  • Tecnoloxías de Información Xeográfica e Software Libre na Cooperación para o Desenvolvemento, Antón Amado Pousa (ICARTO)
  • CiviCRM: Xestión de socias e voluntarias en ESF empregando software libre, Iván Lago Castro. (Enxeñería Sen Fronteiras)

19:50- 20:20 | Voluntariadogalego.org : Unha xanela para o sector, Manuel L. Pan (ABERTAL)
20:20-20:30 | Peche e despedida.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h