Evento Anual de Voluntarios do Corpo Europeo de Solidariedade (CES)

O Evento Anual de Voluntarios do Corpo Europeo de Solidariedade (CES) terá lugar do 12 ao 14 de novembro de 2021 en Santiago de Compostela de forma presencial, cun aforo de 70 prazas.

Está dirixido a participantes en proxectos de solidariedade ou voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, residentes en España e que iniciasen o seu proxecto entre outubro de 2020 e outubro de 2021. Durante o Evento Anual os participantes poderán avaliar a súa experiencia e compartir información e recursos sobre opcións de futuro.

OBXECTIVOS

  • Avaliar e valorar a experiencia dos participantes en actividades de solidariedade e voluntariado.
  • Fomentar o intercambio e a creación de redes.
  • Facilitar e compartir información e recursos sobre opcións de futuro, para aumentar a empregabilidade e promover o emprendemento.
  • Realizar accións de visibilidade e difusión do Corpo Europeo de Solidariedade (CES)
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027