Estrea do documental 'A busca da mirada. 25 anos de cine galego'

Con motivo da exposición Cinegalicia25, este mércores, 28 de xaneiro ás 18h, estréase na Cidade da Cultura o documental A busca da mirada. 25 anos de cine galego no que colaboran a Academia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a TVG.

A busca da mirada. 25 anos de cine galego conmemora os 25 anos de produción cinematográfica en Galicia. Para a realización do mesmo tomouse como punto de partida a narración, os comentarios e as opinións de Xavier Villaverde como director de Continental, Carlos Piñeiro como director de Urxa e Uxía Blanco como actriz protagonista de Sempre Xonxa. Contouse ademais coa participación de moitos profesionais do eido audiovisual e cultural galego (actores e actrices, escritores, músicos, directores, historiadores…), que deron a súa opinión da evolución da industria audiovisual galega.

O equipo que levou a cabo o proxecto está formado por Manolo Abad na dirección, Ángel de la Cruz no Guión, Antonio Mourelos na produción executiva e María Liaño na dirección de produción.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h