O Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle o 17 de decembro unha xornada divulgativa da economía azul no marco das estratexias e proxectos dos GALP (Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro). A xornada, promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, está dirixida ao persoal técnico destas entidades e ás persoas integrantes das xuntas directivas.
A xornada artéllase arredor de dúas mesas redondas: «Os GALP motores da economía azul» e «Proxectos inspiradores no marco da economía azul nos territorios GALP», na que se darán a coñecer catro iniciativas desenvolvidas polos GALP do Golfo Ártabro Sur, da Ría de Arousa, da Ría de Pontevedra e da Ría de Vigo-A Guarda.

Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
17 de oct 2026
Ás 19:00h
19 out 2026
Ás 18:00h
23 Out 2026
17.30 horas
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h


























