Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza esta xornada para a presentación da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas. Trátase dunha iniciativa conxunta do sector, a Xunta e a Fundación Juana de Vega, que conta cunha dotación de máis de 700.000 euros e procura achegar ferramentas para consolidar o crecemento da industria vitivinícola galega. 

A estratexia pretenda aproveitar a complementariedade das diferentes comarcas vitivinícolas e propiciar un desenvolvemento socioeconómico do territorio que contribúa a mellorar a posición competitiva dos viños galegos no mercado nacional e internacional, identificándoos cun territorio que reforce a súa identidade, autenticidade e  calidade para os consumidores. Esta folla de ruta debe servir tamén para mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto de produtos turísticos vinculados ao sector do viño galego.

A  iniciativa complementarase coa Lei de recuperación de terra agraria, xa en vigor,  que ten como obxectivo poñer en valor terreos abandonados ou infrautilizados.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h