Entrega dos Premios Miguel Hernández

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario de estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín; presidirán o acto de entrega dos Premios estatais Miguel Hernández, que recoñecen boas prácticas en materia de educación de adultos.

Os premios Miguel Hernández son convocados polo Ministerio de Educación desde o ano 1991, coa finalidade de apoiar e difundir boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida. Están dirixidos a recoñecer e divulgar o labor daquelas institucións públicas, entidades privadas sen fin de lucro e centros públicos de educación de adultos de todo o Estado que se distingan por ofrecer unha educación e formación permanente innovadora e de calidade ás persoas adultas. Recoñecen tamén aportacións eficaces nas diferentes formas de alfabetización, favorecer o acceso á educación e formación de grupos socialmente desfavorecidos ou en situación de vulnerabilidade, contribuír ao desenvolvemento de competencias clave, favorecer a formación das persoas maiores, etc.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027