Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

Acto de entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, coa participación do presidente da Xunta de Galicia, as empresas e profesionais gañadores e finalistas dos galardóns, así como as persoas integrantes do xurado.

O acto poderase seguir por streaming a través da ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=HVxS7iV5_N0

Os Premios Galicia de Innovación e Deseño están convocados pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027