Entrega de Premios Somos Paisaxe

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desenvolve, a través da Fundación Galicia Sustentable, o programa de implicación da poboación coa paisaxe Somos Paisaxe. Esta actividade está enmarcada no programa de actividades anual do 2016. É o resultado da resolución do Premio Somos Paisaxe que ten como obxectivo recoñecer iniciativas que teñan realizado unha contribución de cara a aproveitar o valor das paisaxes galegas como factor clave para o seu propio desenvolvemento. A intención é realizar unha convocatoria anual, e establecer unha temática distinta en cada edición.

O acto consistirá nunha entraga formal do premio, así como a exhibición dunha serie de expositores de divulgación do proceso de elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta