Entrega de Premios polo concurso do deseño do cartel do Día Internacional da Muller

A Xunta entrega os premios aos centros escolares gañadores concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller - 8M, e no que participou alumnado de 5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, cun total de 117 centros educativos de Galicia.

O obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

Os carteis gañadores do alumando de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º ESO, foron o Colexio Santo Ángel de Ourense, o CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña. Os carteis gañadores do alumnado pertencente a 3º e 4º ESO e bacharelato, foron o IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o Colexio Santo Ángel de Ourense e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos

Os carteis gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. O concurso está financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 
 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI