A Cidade da Cultura acolle este xoves a entrega do premios do concurso de mensaxes de amor en galego, Lingua de Namorar. Trátase dun certame dirixido a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos, impulsado por Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e cuxo obxectivo é o de animar ao emprego da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais e atendendo ás principais ferramentas actuais da comunicación da mocidade.
Tras a deliberación do xurado, resultaron gañadoras da categoría A, de entre as 59 mensaxes que recibiron dúas ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes mensaxes:
- 1º premio: Nese intre, Sabela Domínguez Souto (Verín, Ourense)
- 2º premio: A perda de tempo, Sara Caride Blanco (Cambados, Pontevedra)
- 3º premio: Por fin!, Xeila Rey Cambados (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
Na categoría B, pola súa banda, de entre as 51 mensaxes que recibiron catro ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes achegas:
- 1º premio: De laranxas e grelos, Alba Dono Costoya (Ordes, A Coruña)
- 2º premio: Percepción, Clara Presedo Rama (A Coruña)
- 3º premio: Sen batería, Juan Manuel Sánchez Pardo (A Coruña)
























