Entrega bandeiras Sendeiros Azuis 2023

A Cidade da Cultura acolle, o 24 de febreiro ás 12.00 horas, a cerimonia de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados en 2023 pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), recoñecemento co que busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna.

Galicia é a comunidade que acumula maior número de distincións desde a creación do galardón, que este ano premia un total de 35 itinerarios azuis localizados en 20 concellos. En total, na cerimonia oficial dos sendeiros azuis 2023 repartiranse 104 bandeiras a outros tantos sendeiros de 83 municipios pertencentes a unha decena de comunidades e que suman unha extensión de máis de 600 quilómetros.

Por detrás de Galicia sitúase a Comunidade Valenciana, con 22 itinerarios azuis, Andalucía, na que reciben este recoñecemento 14 rutas, e Murcia, que en 2023 contará cunha decena de sendeiros con bandeira azul.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h