Enfócate 2025

Enfócate celebra a súa segunda edición o 10 de decembro na Cidade da Cultura. O evento busca reunir a estudantes e profesorado de Galicia para ofrecerlles formación de calidade no ámbito da fotografía e das artes visuais. Cun enfoque innovador e práctico, céntrase en proporcionar aos participantes ferramentas, coñecementos e experiencias que impulsen o seu desenvolvemento profesional no mundo visual, a través de MasterClasses de alto nivel, dirixidas por figuras expertas recoñecidas.

No Enfócate 2025 participan Álvaro Sanz, fotógrafo e realizador especializado en fotografía comercial, dirección documental e proxectos ligados á natureza; Gus Seijo, fotógrafo especializado en retrato social e institucional, moda e beleza que retratou, entre outros, ao tenista Rafa Nadal; Jaime de Diego, especialista en fotografía de acción, deporte e motor; así como o realizador Santi Veiga, que ofrecerá un obradoiro práctico sobre vídeo creativo; María Presser, que explorará os usos conscientes da intelixencia artificial na edición profesional; e Jake and Cloud, que realizarán un obradoiro sobre os usos da luz continua nas sesións de fotos de moda.

Este proxecto xorde da expansión e evolución de FotoEscola e da colaboración entre o sector privado e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

Máis información sobre o evento na web de Enfócate.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta