O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC) organiza o 17 de novembro a xornada Enerxías alternativas e socioecosistemas. Paisaxes presentes e futuras, para analizar cuestións como en que situación se encontra a sociedade humana na actualidade no refereido á relación entre os ecosistemas e os sistemas socioeconómicos? Que enerxías, que materiais, a que escala, cal impacto? Cales son os mecanismos e procesos dispoñibles para afrontar os diferentes escenarios?
O evento desenvolverase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, cunha serie de ponencias pola mañá e unha mesa redonda pola tarde sobre os modelos enexérticos para unha transición xusta. A inscrición á xornada pode realizarse a través do formulario dispoñible NESTE ENLACE.
Programa
- 9:30 | Benvida aos asistentes
- 9:45 | Caos climático e declive enerxético: factores e configuradores da futura paisaxe galega – Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto de Resiliencia e da Revista 15/15\15.
- 10:45 | Xeografías enerxéticas. Oportunidade ou expolio territorial – Teresa Táboas Veleiro, doutora arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos
- 11:45 | Pausa café
- 12:00 | Ecofeminismos para un horizonte de justicia eco-social – Giulia Costanzo Talarico, investigadora do Grupo EcoEcoFem e do Observatorio Gep&Do (Universidad Pablo de Olavide)
- 13:00 | Vivir coas ruínas do capitalismo: as condicións infraestruturais do decrecemento – Mario Pansera, Oportunius Research Professor (UVigo)
- 14:00 | Comida e networking
- 15:30 | Mesa redonda. Modelos enerxéticos para unha transición xusta. Coa participación de Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas-Mandeo), Torcuato Teixeira (Plataforma en defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños), Mauro Vázquez (Belian Energy). Dinamizadores: Eduardo Corbelle (G.I. Te-Bio, USC e CISPAC) e Xavier Simón (Observatorio Eólico de Galicia, UVigo e CISPAC).
























