Energy Days regresa á Cidade da Cultura os días 30 de stembro e 1 e 2 de outubro de 2026. Trátase dun evento de referencia para o sector enerxético, que abordará temáticas relevantes en materia de enerxía, industria, cidades, sostenibilidade, mobilidade e dixitalización. Ámbitos que se atopan nun estado de innovación permanente e precisan dun punto de encontro entre os diversos actores.
Energy Days 2026 componse dun interesante programa de conferencias e zona de exposicións para mostrar as mellores solucións en transición enerxética e dixitalización, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man. Un evento que fai fincapé no intercambio de ideas e a creación de sinerxías cun amplo abano de actividades de networking.
O evento está organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal). Máis información e inscricións na web de Energy Days.






















