Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia

O 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia correspondentes ao curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a Axenda 2030.

Ademais, presentaranse un total de 11 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). Neste ano de "Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a  biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das actividades que programa e os recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda a súa potencialidade.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, será o encargado de inaugurar estes Encontros o xoves 15 de abril.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI