Encontro Voluntariado Miúdo: Móvete

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 o proxecto 'Voluntariado Miúdo: Móvete', un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

A Cidade da Cultura acolle o día 3 de xuño o encontro do voluntariado deste proxecto para o curso 2021-2022, no que participaron os seguintes colexios: 

  • CPR Plurilingüe Divina Pastora   
  • CEIP Plurilingüe Os Casais 
  • CEIP Plurilingüe San Marcos 
  • CPR Plurilingüe Luís Vives 
  • CEIP San Tomé 
  • CRA María Zambrano 
  • CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal 
  • CEIP Plurilingüe de Reibón

O programa pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade. Os obxectivos principais son a inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria e o traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.

Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se empregará como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que servirá de reforzo aos nenos e nenas implicados.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h