Encontro Piñeiros 22

A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura. Tras o éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará a destacados profesionais e investigadores de España e Portugal.

O Encontro Piñeiros 22, que leva este ano por lema "A cooperación Galicia – Portugal", abordará como principais eixos temáticos dúas cuestións claves: a sustentabilidade do recurso en monte, que é un dos grandes desafios do sector, e a tendencia en auxe da construción en madeira, que representa unha oportunidade para toda a cadea forestal.

O evento, que está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de xeito presencial ou online. En ambos casos requírese unha inscripción previa a través do formulario web.

O programa configúrase en tres coloquios temáticos. O primeiro deles leva por título ‘Os montes de piñeiro, a sustentabilidade do recurso e a industria da madeira’, e contará coas intervencións de Susana Carneiro (Centro Pinus, Portugal) e de Juan Picos e Julia Armesto (Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, Uvigo), baixo a moderación de Nuno Calado, de Sonae – Arauco, unha das principais empresas consumidoras de piñeiro en Portugal.

O segundo bloque tématico centrarase nas oportunidades de mercado que se lle presentan ó recurso. Baixo o título ‘A madeira como material esencial na construción’, contarase coas intervencións de Daniel Ibañez, director do Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña; de Juan Antonio Gómez – Pintado, presidente da Asociación de Promotores e Constructores de España; de Sandra Llorente, directora xeral de Lignum Tech; e de Antonio Carlos Rodrigues, director xeral do Grupo Casais. Modera Emma Romero, da plataforma Wood is Wood.

O último dos bloques temáticos titúlase ‘A cooperación Galicia – Portugal’ e incluirá dous relatorios. Un primeiro sobre os retos da mellora xenética e da resiliencia nos montes de coníferas, a cargo de Raquel Díaz (Centro de Investigación Forestal de Lourizán) e de Isabel Carrasquinho, do Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária. O segundo relatorio deste último bloque abordará unha experiencia de cooperación transnacional doutro sector económico con peso en Galicia e Portugal, o metalúrxico, cunha intervención a cargo de Enrique Mallón, director xeral da Federación Luso-Galaica de Industriais Metalúrxicos. Modera Nuno Almeida, director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI