Encontro 'Energy days'

O edificio CINC da Cidade da Cultura acolle entre o 8 e o 10 de outubro de 2024 o foro anual Energy Days sobre innovación no campo das enerxías sostibles, organizado por Cluergal, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia.

O encontro preséntase como un evento de referencia que tratará temáticas relevantes sobre enerxía, industria e dixitalización, sectores que se atopan nun estado de innovación permanente e que requiren un punto de encontro para a interacción entre os diversos actores.

O evento inclúe un programa de ponencias e zona de exposicións para amosar solucións nestes ámbitos, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta