Encontro de profesionais de FEGADACE

A formación continua e a reflexión sobre a intervención realizada coas persoas e familias con dano cerebral adquirido forman parte do ADN de FEGADACE e das súas asociacións. Cada ano, a Federación impulsa un 'Encontro de profesionais' no que os equipos de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela reciben instrución sobre algún aspecto da atención ao dano cerebral.

O 2019 está a ser o ano de reflexión sobre a ética e a comunicación; é por iso que o 'Encontro de profesionais' leva por título 'Ética na abordaxe da atención ao dano cerebral adquirido'. Vai ter lugar o sábado 8 de xuño en Santiago de Compostela, no Museo Centro Gaiás.

A formación está divida en dúas áreas. A primeira delas vai ser a de 'Ética aplicada á intervención profesional. A importancia da comunicación', impartida por Xurxo Rivas. Rivas é licenciado en Dereito e experto en Ética Aplicada á Intervención Social. Conta con ampla experiencia na formación dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a reflexión sobre unha intervención profesional acorde cos principios de respecto e dignidade da persoa con discapacidade.

A segunda área vai ser máis aplicada, xa que un grupo de traballo composto polas logopedas das cinco asociacións de FEGADACE van achegar formación sobre os Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC), é dicir, sobre as normas existentes para facilitar a accesibilidade e o intercambio de información. É moi habitual que as persoas con dano cerebral teñan afasias, ataxias, e outras secuelas que afectan tanto á expresión como á comprensión, polo que é importante coñecer todos os recursos dispoñibles á hora de abordar calquera intercambio informativo, de cara a coñecer con precisión a súa opinión e respectar ao máximo as súas decisións, fomentando a autonomía persoal.

O Encontro de profesionais organízase co apoio da Consellería de Política Social a través do convenio nominativo anual que mantén con FEGADACE.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI