O Consello Económico e Social é un órgano consultivo da Xunta de Galicia creado para facilitar a participación dos axentes socioeconómicos e dos representantes da sociedade civil organizada na vida económica, social e cultural desta comunidade e no proceso de toma de decisións.
CES Galicia organiza este encontro para os CES españois o día 31 de marzo na Cidade da Cultura. O encontro inaugurarase ás 16:00h a cargo de Francisco Conde López, vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.
O evento inclúe unha conferencia programada para as 16:30h e conducida por Xosé Henrique Vázquez, catedrático da Universidade de Vigo.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























