# Emprende Innova Comparte

O concurso #EmprendeInnovaComparte celebra a súa primeira edición en Galicia o 10 de outubro. Organizado por Acción contra el Hambre, este certame procura compartir experiencias de emprendemento, aprender a través de talleres participativos e lúdicos, impartidos por persoas expertas en comunicación, marketing e vendas, e coñecer as distintas ideas de negocio das persoas participantes.

Se estás en situación de desemprego e che interesa emprender ou es participante do programa Vives Emprende Galicia 2019, EmprendeInnovaComparte interésache porque poderás:

  • Aprender a comunicar e vender o teu proxecto a través de talleres participativos e lúdicos.
  • Participar nun concurso que premiará as tres mellores ideas de negocio.
  • Compartir experiencias con outras persoas emprendedoras e facer networking para mellorar a túa rede de contactos, provedores, clientela, financiadores...

Programa:

09.30 - 10.00 | Rexistro de participantes
10.00 - 10.20 | Benvida e presentación institucional
10.20 - 10.45 | Charla de apertura: experiencia emprendedora
10.45 - 11.15 | Café - networking
11.15 - 14.00 | Obradoiro "Deseña o teu plan de comunicación coa metodoloxía visual thinking"
14.00 - 15.00 | Pausa comida. Comunicación finalistas

15.00 - 16.00 | Obradoiro: "Deseña o teu pitch de vendas: comunícate de forma eficaz e consegue que os teus clientes te compren".
16.00 - 16.20 | Preparación finalistas Pitch
16.20 - 17.30 | Concurso Pitch
17.30 - 18.00 | Caña emprendedora – networking
18.00 - 19.00 | Entrega de premios

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h