A Educación a Debate

O 11 de decembro, das 18:00 a 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade A educación a debate, que se desenvolverá ao longo de todo o curso tratando temáticas de interese para toda a comunidade educativa.

Esta é unha actividade na que se pretende que, conxuntamente, familias e profesorado reflexionemos sobre diversos temas de interese común.

Nesta primeira sesión abordaremos o tema dos deberes esolares.

En formato de mesa redonda, debaterán sobre este tema, xunto co público presente:

Natalia Suárez Fernández Isabel Piñeiro Aguín, profesoras de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade da Coruña que presentarán o Informe sobre os deberes escolares elaborado por esta institución;

  • Fernando Laccaci en representación da Confederación de Anpas Galegas
  • Francisco Sánchez Ávila, director do CEIP Camiño Inglés (Oroso)
  • Víctor M. Santidrián Arias, director do IES de Milladoiro (Ames)
 
Visitar
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI