Documental 'Terry Porter: O Camiño Remata en Obradoiro'

El Camino Acaba en Obradoiro, proxecto levado a cabo a pasada temporada polo Rio Natura Monbus Obradoiro, presenta a súa peza documental este mércores 2 de marzo na Cidade da Cultura: “Terry Porter: O Camiño Remata en Obradoiro”.

A iniciativa que trouxo á estrela da NBA Terry Porter a realizar os últimos 100 km do Camiño de Santiago francés, presenta agora a peza audiovisual que recolle as peripecias e impresións do ex xogador e os seus acompañantes en seis etapas de intensas aventuras.

Á presentación asistirá a plantilla de Liga Endesa, ademais de representación dos diversos patrocinadores e colaboradores no proxecto, encabezados por Turismo de Galicia e Obra Social La Caixa. Á première do documental dirixido por Fernando Cortizo poderán asistir abonados, accionistas e Amigos da Fundación Heracles previa confirmación e ata completar aforo ao correo electrónico abonados@obradoirocab.com antes do luns ás 20.00 horas.

O club anunciará tras a proxección do documental novidades sobre a segunda edición.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027