Dixitalización e datos no sector primario

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto co Hub de innovación Dixital DATALIFE organizan conxuntamente este evento sobre a Dixitalización e datos no sector primario. A xornada terá lugar o día 1 de xuño no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.

O obxectivo é dar a coñecer os resultados do diagnóstico de madurez dixital realizado no sector primario galego a través de tres bloques nos que, mediante un formato dinámico, se presentarán e analizarán as principais necesidades de dixitalización dos diferentes ámbitos de actividade que compoñen este sector, así como diversos casos de éxito en dixitalización; rematando cun espazo dirixido aos datos federados dentro do sector primario.

Este evento realizase en colaboración co Cluster TIC e a Big Data Value Association no contexto do proxecto HIBA – HUB IBERIA AGROTECH, cofinanciado ao 75% polo FEDER no marco do Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027