Diploma Xacobeo 21-22 - 'Galicia para o mundo'

O consello territorial galego da Unión de Radioaficionados Españoles, en colaboración coas delegacións da URE en toda a comunidade organiza un evento especial na Cidade da Cultura con motivo do Día de Galicia.

O 25 de xullo, o Gaiás será a sede desde a que se activará unha estación singular de carácter internacional, coa nomenclatura AO2022XAC, que outorgará unha tarxeta QSL conmemorativa do Xacobeo 21-21. As tarxetas QSL son empregadas polos radioafeccionados como proba material da existencia dun contacto e son necesarias para a obtención de diplomas ou para gañar puntos en concursos. Ademais, instalaranse dous equipos para que o público poida ver como operan os radioafeccionados en directo. 

O evento forma parte do 'Diploma Xacobeo 21-22 - 'Galicia para o mundo' un concurso aberto a todas as estacións de radioafeccionado con licencia en vigor que comezou o 18 de xullo coa intención de difundir o Camiño de Santiago a través das ondas e a nivel internacional. Durante este tempo, activáronse 10 estacións especiais en todas as bandas, cada unha delas representando unha das rutas xacobeas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada