DICO Summit

O vindeiro mes de xaneiro, os días 24 e 25, terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o evento DIgital COntents (DICO) Summit, iniciativa promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC.

O evento ten por obxectivo amosar aos profesionais galegos as oportunidades que supoñen as novas tendencias tecnolóxicas e modelos de negocio vencellados aos contidos dixitais. O mesmo está dirixido maioritariamente a profesionais dos sectores económicos galegos, creativos e emprendedores. 

DICO Summit dividirase en catro actividades complementarias que se devolverán ao longo das dúas xornadas:

  • Conferencia: os asistentes poderán gozarán de paneis e intervencións nas que entidades estratéxicas do ámbito europeo exporán a súa visión sobre os contidos e a transformación dixital; o novo concepto de televisión e plataformas audiovisuais, os videoxogos, as tecnoloxías de base ou os casos de éxito en determinados campos da economía dixital centrarán esta parte da actividade.
  • Showroom: contarase cun espazo de exhibición, ou showroom, no que os asistentes poderán coñecer de primeira man parte das tecnoloxías que marcarán o futuro dos contidos dixitais e as súas aplicacións prácticas
  • Networking: haberá tamén tempo para que as empresas asistentes conversen entre elas a través dun espazo dedicado á conversa entre empresas e ao coñecemento mutuo.
  • Concurso de ideas: impulsarase o talento local a través do concurso de ideas “En busca do talento dixital” no que se premiarán ideas relacionadas con novos proxectos no eido dos contidos dixitais.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI