Despunte'19

A Cidade da Cultura de Galicia volve acoller unha nova edición do desfile Despunte. A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo presenta este xoves 28 de novembro no Gaiás os traballos do curso 2018-2019, unha ocasión para visibilizar o talento, o saber facer e as horas investidas nos Traballos Finais de Estudos (TFE) do seu alumnado de Deseño de Moda e Xoiaría.

A cita será ás 20 horas e nela a través do cento de deseños participantes poderán verse coleccións moi diferentes, dado que a temática dos TFE é totalmente libre. Nesta 11ª edición compartirán pasarela 16 coleccións coas que o público viaxará a distintos momentos históricos cuxa pegada se pode ver nos traballos presentados: desde as milicianas dos anos 30, a silueta dos anos 50, ou movementos como o Futurismo ou o Impresionismo, creando unha harmonía entre arte e moda, e tocando temas de fonda actualidade como a problemática medioambiental.

Os estudantes dos primeiros cursos colaboran tamén en Despunte asumindo funcións na organización do evento, a fotografía das coleccións e botando unha man entre bastidores durante o desfile.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada