Demo day III Edición BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada poa Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia na industria, organiza o vindeiro 2 de frebreiro ás 9.30 horas o demo day da III Edición do seu programa de aceleración e consolidación.

Fernando Guldrís, director xeral do Igape, será o encargado de dar a benvida á xornada. A continuación, 10 startups que formaron parte desta III Edición presentarán os seus proxectos e o progreso acadado durante o seu paso por BFFood. Farano en dous bloques divididos por un coffee networking e, despois do elevator pitch de cada un deles, abrirase un turno de preguntas no que os asistentes poderán participar.

Tamén intervirá no evento Javier A. Osuna, responsable de BFFood. Do mesmo modo, este demo day contará coa participación de inversores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendemento.

O peche da xornada correrá a cargo de Juanjo De la Cerda, presidente de Clusaga, e Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
30 Set - Nov 2022
De 9.00 a 21.00 horas
Ata o 18 Dec 2022
11.30 horas
25 Set, 23 Out e 27 Nov 2022
Ás 11.40 horas
23 Out 2022
Ás 12.00 horas
25 Set | 23 Out | 27 Nov
12.00 h
27 Nov 2022
Ás 12.00 horas