Decide o consumidor ou a intelixencia artificial? Turismo e alimentación

O Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago acolle o 28 de novembro unha xornada organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) baixo o tema "Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación”. O evento busca descubrir e debater o papel crecente da IA nos procesos de decisión de compra das persoas consumidoras, cunha atención especial aos sectores do turismo e a alimentación, fundamentais para a economía galega.
 
A sesión reunirá a expertos de referencia en tecnoloxía, turismo e alimentación para analizar ata que punto as ferramentas de IA e os algoritmos inflúen nas eleccións dos consumidores. A través de presentacións e debates, abordarase o impacto da IA, desde o desenvolvemento de novas tecnoloxías ata a súa aplicación en procesos produtivos, transformación, loxística e comercialización.
 
A xornada é aberta tanto a profesionais do sector como ao público xeral, con inscrición gratuíta neste enlace.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada