Pistacatro arrinca coa que xa é a sétima edición do D10. Encontro de Formación e Innovación en Circo, un proxecto centrado netamente na producción de coñecemento sobre o circo que reverta na comunidade de artistas vinculados a esta disciplina directa ou indirectamente ou provenientes doutros ámbitos das artes escénicas.
A Cidade da Cultura acollerá, do 17 ao 29 de novembro tres das actividades programadas para esta sétima edición, o "Laboratorio Antípodas", o "Taller de Soundpainting Circus" e obradoiro "Conversación e Improvisación con Clavas".
- LABORATORIO ANTÍPODAS. Do 17 ao 21 de novembro no Edificio Fontán. Actividade relacionada co estudo de posibilidades de empregar as metodoloxías creativas do circo na innovación empresarial de organizacións non vinculadas productivamente ao sector cultural. Unha innovación que pode implantarse a varios niveis: de creación de producto, de procesos ou a nivel de estrutura organizativa. Realizado en colaboración con La Granierie de Toulouse, fábrica das artes do circo e da itinerancia dedicada ao fortalecemento de proxectos circenses e o acompañamento dos seus axentes. Participarán neste laboratorio: 5 empresas galegas seleccionadas pola súa cercanía ao concepto de sustentabilidade, o seu carácter anovador ou a súa proximidade ao mundo da cultura, 5 artistas de circo galegos, 5 empresas francesas e 5 artistas de circo franceses baixo a mediación de Roberto Gómez de la Iglesia de C2+i e de Morgan Cosquer.
- TALLER DE SOUNDPAINTING CIRCUS. Do 22 ao 25 de novembro no Museo Centro Gaiás. Impartido por Alfonso Medina. Trátase dun proxecto de mediación e investigación entre as técnicas circenses e a improvisación escénica a través da linguaxe do soundpainting. Con este proxecto preténdese ampliar esta linguaxe para aplicala ao circo, buscar as posibilidades dramatúrxicas que teñen as diferentes disciplinas circenses para a creación improvisada ante o público e dotar os participantes dunha linguaxe común coa que atopar novos camiños de creación dramatúrxica e de encontro con outras artes.
- CONVERSACIÓN E IMPROVISACIÓN CON CLAVAS. Do 26 ao 29 de novembro. Museo Centro Gaiás. Impartido por Walid El Yafi, malabarista integrante da compañia Nicanor de Elia. O obxectivo é traballar o malabar dun xeito moi intuitivo, baseado na improvisación e o movemento.
Os dous obradoiros están están destinados a profesionais das Artes Escénicas, tendo preferencia aquelas persoas con experiencia profesional previa en Circo ou estudiantes de Circo. Podes consultar máis información no seguinte formulario de inscrición.
Colaboran no D10! 2022 Agadic, Inaem, Centro Dramatico Galego, Concello de Santiago de Compostela, o Instituto francés de creación, innovación e Artes Circenses La Granierie e a Cidade da Cultura.
Mai - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
9 Xuñ - 15 Out 2023
De 9.00 a 21.00 horas
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
17.00 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
17.00 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
23 e 30 Set e 14 Out 2023
12.00 h
17 Set e 15 Out 2023
09.30 h